Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Herminia López Belay.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 718/2015 (procedemento abreviado), interposto por María Herminia López Belay, contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 18 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos (DOG nº 186, do 29 de setembro).

Categoría: traballador/a social.

Acceso: promoción profesional temporal.

Epígrafe de formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos