Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Lourdes Somoza Salorio.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 337/2015 (procedemento abreviado), interposto por María Lourdes Somoza Salorio contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 1 de xuño de 2015 (DOG núm. 106, do 8 de xuño), pola que se publican as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos (categoría: pinche).

A recorrente discrepa da puntuación obtida na epígrafe de formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos