Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015165AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data 16 de novembro de 2015, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2015165AL-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a entidade Comercial Ibaitz, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Comercial Ibaitz, S.L. o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2015165AL-PO.

Denunciada: Comercial Ibaitz, S.L.

DNI/CIF: B20724258.

Último enderezo coñecido: Randufe, 2, 36713 Tui.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 3, 4.2, 5 e 6 e capítulo I puntos 1, 2, 3, 4 e 9, capítulo II puntos 1 e 2, capítulo V punto 1, capítulo VI puntos 1, 2, 3 e 4, capítulo VII punto 1 a) e capítulo IX puntos 2, 3 e 4 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 14 e 17.1 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigo 2 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (sobre empresas e establecementos alimentarios suxeitos a inscrición).

Tipificación: grave, segundo o artigo 51 punto 2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición,

Sanción imposta: dez mil dous euros (10.002,00 €); manter o acordo de suspensión temporal da xefatura territorial de data 19.3.2015 (SC núm. 10/15), de envasado de produtos da pesca frescos do establecemento; e destrución da mercadoría intervida segundo acordo (IC 5/15): 945 lampreas vivas.