Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 12 de febreiro de 2016 Páx. 5229

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aceptación da delegación de compentencias para prestar servizos de control financeiro ao Concello de Boqueixón.

O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria do 30 de decembro do ano 2015, adoptou o acordo de aceptar a delegación de competencias para prestarlle servizos de control financeiro ao Concello de Boqueixón, do cal se procede a publicar o seu texto íntegro no BOP da Coruña para xeral coñecemento.

«Primeiro. Aceptar a delegación do exercicio das funcións de control financeiro sobre as subvencións pagadas en todos os exercicios pechados, iniciándose o dito control sobre as pagadas a partir do 1.1.2012.

Segundo. Aceptar a delegación da instrución e resolución dos expedientes de reintegro e sancionadores derivados dos informes de control financeiro que se emitan en virtude da delegación anterior, así como a liquidación e recadación, tanto en período voluntario coma en executivo, dos ingresos de dereito público resultantes.

Para este efecto, resultarán tamén de aplicación a esta delegación as bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia.

Terceiro. Aceptar a delegación para que a Intervención emita informes de control financeiro sobre os seguintes servizos públicos, xestionados indirectamente mediante concesión administrativa:

– Contrato de xestión do servizo de abastecemento de auga.

– Contrato de xestión do servizo de sumidoiros e das fosas sépticas e mini depuradoras de augas residuais.

Cuarto. Non aceptar as seguintes delegacións por non axustarse ás bases para a prestación de servizos de control financeiro aos concellos de menos de 5.000 habitantes, por seren contratos de servizos e non contratos de xestión, os seguintes:

– Contrato do servizo de conservación, reparación e mantemento da luz pública de Boqueixón.

– Contrato do servizo de axuda no fogar.

Quinto. A vixencia das delegacións aceptadas no ámbito do control financeiro dos servizos públicos en xestión indirecta entrará en vigor tras a publicación do correspondente acordo e deberá manterse, como mínimo, durante dous anos, prazo que se poderá prorrogar tacitamente por períodos iguais conforme o establecido na base oitava das bases de delegación.

No caso de que algún servizo deixe de ser xestionado de maneira indirecta, a delegación non se entenderá producida tacitamente a esa nova forma de xestión.

Sexto. Publicar o acordo adoptado polo Pleno Provincial no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicado, someterase a información pública durante un prazo de 30 días co obxecto de que se poidan presentar as reclamacións e suxestións que se consideren oportunas; estará á disposición dos interesados na Secretaría Provincial.

De non se presentaren reclamacións durante o período de exposición pública, entenderase aprobado definitivamente.

Sétimo. A delegación das competencias entrará en vigor unha vez que sexa publicado o acordo definitivo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos de control financeiro aos concellos de menos de 5.000 habitantes da provincia, aprobadas para o efecto pola Deputación Provincial».

A Coruña, 13 de xaneiro de 2016

Valentín González Formoso

Mª Amparo C.Taboada Gil

Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

Secretaria accidental da Deputación
Provincial da Coruña