De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 15/2004, do 20 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, expóñense á información pública os expedientes de delimitación do ámbito dos núcleos rurais de San Roque e de Prado, na parroquia de Morgadáns; do núcleo de Penalba, na parroquia de Mañufe, e do núcleo da Mourisca, na parroquia de Chaín, deste termo municipal, subscrito polo arquitecto municipal José Antonio Álvarez Álvarez e incoado por petición do concelleiro de Urbanismo no mes de febreiro de 2016.
O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Negociado de Urbanismo do Departamento Municipal de Urbanismo, en horario de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.
Gondomar, 4 de febreiro de 2016
P.D. (Resolución da Alcaldía 16.9.2015)
Xosé Antonio Araúxo Quintas
Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda