Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 5018

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO do arrendamento de dúas edificacións con destino a almacén para os distintos servizos deste concello.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do arrendamento de dúas edificacións con destino a almacén para os distintos servizos do Concello de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do arrendamento de dúas edificacións con destino a almacén para os distintos servizos do Concello de Sanxenxo.

2. Duración do contrato: un (1) ano con posibilidade de dúas prórrogas dun (1) ano cada unha.

3. Prezo de licitación: o orzamento máximo (3 anualidades) de licitación, co IVE, é de 69.696,00 € para o lote A e para o Lote B 52.272,00 €. O orzamento máximo de licitación mensual, co IVE, ascende a 1.936,00 € para o lote A e 1.452,00 € para o Lote B.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante concurso público.

5. Criterios de adxudicación:

– Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación mensual, co IVE, que figura para cada lote. Valorarase ata un máximo de 50 puntos.

– Edificación ofertada: ata un máximo de 50 puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar documentación descritiva da edificación ofertada.

6. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es . O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados.

7. Mesa de contratación: designados os seus membros por Resolución da Alcaldía do 18 de xaneiro de 2016. Será constituída de acordo co sinalado na cláusula 12ª dos pregos respectivos.

8. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es -perfil de contratante.

Sanxenxo, 20 de xaneiro de 2016

David Otero Domínguez
Alcalde accidental