Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 5020

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de praza de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir un posto de traballo mediante contrato temporal de interinidade:

– 1 praza de técnico/a de xestión documental-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 20 (vinte) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este rematará no seguinte día hábil.

Vigo, 4 de febreiro de 2016

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo