Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 5017

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación de subministración de combustible en estacións de servizo para os vehículos do parque móbil e maquinaria municipal (expediente 12/15).

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.1.2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 12/15).

2. Obxecto do contrato: subministración de combustible en estacións de servizo.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 225.000 € (185.950,41 € máis 39.049,59 € en concepto de IVE). Prezos unitarios indicados nos pregos. Prazo de execución 18 meses.

5. Garantías: non se exixe de conformidade co establecido no artigo 95 do TRLSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúan antes do pagamento do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 22 de xaneiro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa