Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 5015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 5 de xaneiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non presentar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de diez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre presentar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 986 88 51 25.

Para que conste sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación quedará supedita a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 5 de xaneiro de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Dumitru Gabi

Y03108029F

González Soutelo Roberto

044083924P

Da Silva Martins Thiago

X07143895A

González Guerra José Miguel

076731904V

Fandiño Portero José Bernardo

035248560W

Fontán Cernadas Noelia

077464571L