A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-01825-O-2015 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.
Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva en vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2016
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
XC-01825-O-2015 5570-CWV Garda Civil 1503 N41519R |
Pedro Ruibal Costa 35477176K Joaquín Potel, 8, 2º, 4 36650 Caldas de Reis (Pontevedra) |
Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas. 24.3.2015; 10.32; AP-9; M 1,5 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-03332-O-2015 PO-7412-BP Garda Civil 1504 A35144Y |
Francisco Gómez Vieites 32797791K Lg. Campo do Monte, Montouto 15318 Coirós (A Coruña) |
Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 15.6.2015; 18.28; N-525; 330 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
XC-03339-O-2015 PO-7412-BP Garda Civil 1504 A35144Y |
Francisco Gómez Vieites 32797791K Lg. Campo do Monte, Montouto 15318 Coirós (A Coruña) |
Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas. 15.6.2015; 18.22; N-525; 330 |
Art. 142.17 LOTT |
Art. 143.1.a) LOTT |
100 euros |
XC-03499-O-2015 SG-3832-H Garda Civil 1504 K68944G |
R. Otsemra, S.L. B15797624 San Marcos 15318 Abegondo (A Coruña) |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 7.7.2015; 18.12; DP-4604; 6 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |