Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01878-O-2015 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-01878-O-2015 e outros seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulguen oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01878-O-2015

6299-DYC

Garda Civil 3603 A23980M

Maderas Santarrita Carpintería Gene

B36484855

Lg. Campelo, 1

36655 Calda de Reis (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

9.3.2015; 9.58; A-55; 10,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02403-S-2015

9791-FTL

Policía Municipal 294522

Eva María Oya Estévez

76900888C

Centeanes, nº 24, Pontellas

36412 O Porriño (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

25.3.2015; 11.00

Avenida de Madrid con Cmno. Gandarón

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02629-S-2015

1160-FTZ

Policía Municipal 294522

Samper Martínez, José Ramón

38821104W

Rúa Mallorca, 00029

08380 Malgrat de Mar (Barcelona)

Falsificación das follas de rexistro, cartóns de condutor, o falseamento do seu contido ou dos documentos de impresión obrigatorios.

29.4.2015; 2.54

Avenida de Madrid

Art. 140.9 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-02660-O-2015

LU-2244-S

Garda Civil 3601 F57579E

Distribuciones Marmel, C.B.

E27744614

Estrada de Vía, 97

36417 Mos (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

16.5.2015; 11.49; PO-316; 1,9

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02911-O-2015

0433-GRX

Garda Civil 3601 F57579E

Uzal Terceiro, Pablo 000586747w, S.L.N.E.

B36473908

Lg. Zarabeto, 25, Ouzande

36684 Pontevedra

A realización de transporte ao amparo de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

19.4.2015; 20.31; EP-9305; 7,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-02919-O-2015

0433-GRX

Garda Civil 3601 F57579E

Uzal Terceiro, Pablo 000586747w, S.L.N.E.

B36473908

Lg. Zarabeto, 25, Ouzande

36684 Pontevedra

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibraxe ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

19.4.2015; 20.37; EP-9305; 7,5

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03059-O-2015

1457-CKF

Garda Civil 3602 I43469X

Consacavi, S.L.

B34144675

Rúa Las Candelas, 2

34210 Dueñas (Palencia)

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

5.5.2015; 8.54; PO-205; 1,5

Art. 60.a) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

2.001 euros