Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2015/239-1).

Expediente: IN407A 2015/239-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: novo centro de reflexión Río do Pozo.

Concello: Narón.

Feitos:

Primeiro. O 13.8.2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

Segundo. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 194, do 9 de outubro de 2015, e no BOP núm. 185, do 28 de setembro.

Terceiro. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos o, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A promotora manifestou a súa conformidade coas condicións establecidas.

Cuarto. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 á 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 á 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Centro de reflexión telecontrolado en edificio prefabricado de formigón de manobra interior, situado na rúa Bernardo Romero esquina coa rúa Gonzalo Navarro, no polígono do Río do Pozo en Narón, con dous bloques de celas telecontroladas, o primeiro con tres celas de liña e o segundo con dúas celas separadas por unha cela de acoplamento de barras telecontroladas.

– Liña aérea CRN-719 entre os apoios nº 9/1 e nº 9/2 (futura RDP-705), retensado do condutor existente LA-110 mm2 Al, nunha lonxitude de 0,086 km, coa orixe no apoio nº 9/1 proxectado que substitúe o existente e final no 9/2 existente.

– Liña aérea CRN-719 entre os apoios nº 10 e nº 11 (futura RDP-706), retensado do condutor existente LA-110 mm2 Al nunha lonxitude de 0,068 km, con orixe no apoio nº 10 proxectado que substitúe o existente e final no 11 existente.

– Liña de media tensión subterránea CRN-719 CR Río do Pozo a 15 kV, cunha lonxitude de 0,061 km, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 9 da LMT CRN-719 e final no CR Río do Pozo.

– Liña de media tensión subterránea CRN-719 (futura RDP-705) a 15 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CR Río do Pozo e final no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 9/1 da LMT-CRN-719 (futura RDP-705).

– Liña de media tensión subterránea CRN-719 (futura RDP-706) a 15 kV, cunha lonxitude de 0,160 km, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 10 proxectado da LMT-CRN-719 (futura RDP-706) e final no Río do Pozo.

– Liña de media tensión subterránea CRN-717B a CR Río do Pozo a 15 kV, cunha lonxitude de 0,028 km, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe nos empalmes proxectados na LMTS CRN-717B, no tramo entre a subestación de Cornide e o CS Cementara Río do Pozo e final no CR Río do Pozo proxectado (entrada e saída).

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 113.397,21 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación eléctrica.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e as prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e na posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña