Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 10 de febreiro de 2016 Páx. 4674

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3354/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3354/2015

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 186/2013, Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrentes: Inversiones Comodín, S.L., Ionela Cristina Olteanu

Avogadas: María del Carmen Argiz Vilar, Estefanía Cancelo Pérez

Procurador: Juan Antonio Garrido Pardo

Recorridos: D.X. Inspección de Traballo e Seguridade Social, Nicasia Reinoso, Mirley Proto Nunes

Avogado: avogado do Estado

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3354/2015 seguido por instancia de Inversiones Comodín, S.L., Ionela Cristina Olteanu contra D.X. Inspección de Traballo e Seguridade Social, Nicasia Reinoso, Mirley Proto Nunes, sobre outros dereitos laborais, ditouse sentenza o 15 de xaneiro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Resolvemos estimando os recursos de suplicación interpostos por Ionela Cristina Olteanu e a entidade mercantil Inversiones Comodín, Sociedad Limitada, contra a sentenza do 30 de xuño de 2014 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, con intervención dos recorrentes, de Nicasia Reinoso e de Mirley Proto Nunes, a Sala revógaa integramente e, en consecuencia, absolvemos os demandados da totalidade dos pedimentos da demanda de oficio, e declaramos a ausencia de laboralidade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Nicasia Reinoso e Mirley Proto Nunes, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido, ambas as dúas, no lugar de Barbeita, 3, Carballal, Vilaboa, Pontevedra, advertíndolles que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza