Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (360/2014-D).

Eu, José Tronchoni Albert, letrado da Administración de xustiza substituto do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, mediante o presente edicto anuncio que no presente procedemento ORD 360/2014-D seguido por instancia de Escayolas Basilio, S.L.U. fronte a Miguel Ángel Mera Cuevas, Jacob Álvarez Gutiérrez, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Pontevedra, 22 de setembro de 2015

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Escayolas Basilio, S.L.U. Procurador: Montserrat Fernández Názar. Avogado: Milagros Fernández Castro.

Demandados: Miguel Ángel Mera Cuevas e Jacob Álvarez Gutiérrez (rebeldes procesuais).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administradores sociedade limitada).

Resolución:

Que, estimando parcialmente a demanda presentada pola representación procesual de Escayolas Basilio, S.L.U. fronte a Miguel Ángel Mera Cuevas e Jacob Álvarez Gutiérrez, condeno a ambos demandados a aboar solidariamente á demandante a suma de 7.773,41 euros na forma e con xuro expresados no fundamento xurídico 4º desta.

Sen expresa imposición das custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interpoñerá directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E, encontrándose o dito demandado, Jacob Álvarez Gutiérrez en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 21 de decembro de 2015

O letrado da Administración de xustiza