Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4440

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 29 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2016.

O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2016.

Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre proceder agora á súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Mar, e o artigo 34 da Lei 1/1983, do 12 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Primeiro. Facer públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2016.

Segundo. Facer a seguinte corrección de erros na páxina 52.592, cadro F (plans de explotación de equinodermos), provincia de Pontevedra, confraría de pescadores de Baiona, días máximos de extracción:

Onde di: «A pé: 50», debe dicir: «A pé: 60».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file