Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4304

I. Disposicións xerais

Parlamento de Galicia

ACORDO do 12 de xaneiro de 2016, da Mesa do Parlamento de Galicia, polo que se modifica o Regulamento das distincións e condecoracións.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na reunión do 12 de xaneiro de 2016,

DISPÓN:

Artigo único.

Modificación do Regulamento das distincións e condecoracións do Parlamento de Galicia:

Un. Modifícase o segundo parágrafo do artigo 7 do Regulamento das distincións e condecoracións do Parlamento de Galicia, que queda redactado da forma seguinte:

«Cando o membro da mesa remate na súa condición, recibirá unha reprodución en cor dourada da medalla que lle corresponda ao seu cargo institucional na mesa, e posteriormente poderaa lucir en todos aqueles actos protocolarios que organicen os servizos da Cámara».

Dous. Modifícase o artigo 12 do Regulamento das distincións e condecoracións do Parlamento de Galicia, que queda redactado da forma seguinte:

«Artigo 12

Xunto coa medalla, a persoa ou institución distinguida recibirá unha reprodución exacta dela en miniatura, como insignia ou broche prateados, e entregaráselle o correspondente título en pergameo para acreditar o outorgamento desta distinción, que será autorizado coa sinatura do presidente ou presidenta do Parlamento de Galicia».

Tres. Modifícase o punto «A insignia de deputada ou deputado» do anexo I do Regulamento das distincións e condecoracións do Parlamento de Galicia, que queda redactado da forma seguinte:

«ANEXO I
A insignia de deputada ou deputado

missing image file

Realizada en prateado.

Diámetro total: 1,5 cm.

Grosor da insignia: 2 mm.

Grosor incluíndo o relevo: 2,5 mm».

Catro. Modifícase o anexo II do Regulamento das distincións e condecoracións do Parlamento de Galicia, que queda redactado da forma seguinte:

«ANEXO II

A medalla do Parlamento de Galicia

missing image file

missing image file

Materiais:

– Gravado en relevo.

– Aliaxe metálica.

– Chapado en dourado con detalles destacados en nácara ou porcelana.

Dimensións:

– Diámetro total: 7 cm.

– Grosor da medalla: 2 mm.

– Grosor incluíndo o bisel: 4 mm.

– Ancho do bisel: 0,15 mm».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta modificación entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2016

Miguel Ángel Santalices Vieira
Vicepresidente primeiro