Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4307

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

DECRETO 9/2016, do 28 de xaneiro, polo que se dispón que cese un vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais. Todos eles serán nomeados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica que, de conformidade co artigo 10.3 do regulamento, serán nomeados por proposta das persoas titulares das consellerías con representación no Consello de Administración.

En consecuencia, vistas as propostas de cesamento e nomeamento precisas para a renovación dun vogal representante da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo único

O cesamento de José Antonio Fernández Vázquez como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar