O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, sendo todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica que, de conformidade co artigo 10.3 do regulamento, serán nomeados por proposta das persoas titulares das consellerías con representación no Consello de Administración.
En consecuencia, vistas as propostas de cesamento e nomeamento precisas para a renovación dun vogal representante da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis,
DISPOÑO:
Artigo único
O nomeamento de Joaquín Macho Canales como vogal titular do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
Santiago de Compostela, vinte e oito de xaneiro de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar