Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito á regulación harmonizada para a adquisición de equipamento mobiliario xeral e técnico con destino aos distintos servizos e dependencias do novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 de Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22791

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.045.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: dotación do equipamento mobiliario xeral, técnico e de servizos comúns para a posta en marcha e funcionamento do novo CIAE 112.

c) CPV (referencia de nomenclatura): CPA: 31.01.1 / 31.02.1 CPV: 39130000-2/39134000-0/39141000-2.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 2015/S 105-190633, do 3.6.2015; BOE núm. 132, do 3.6.2015 e DOG núm. 104, do 3.6.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 377.689,58 €. Importe total: 457.004,39 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24 de setembro de 2015.

b) Data de formalización: 13 de novembro de 2015.

c) Adxudicatario: UTE Actiu Berbegal e Formas, S.A. / 07 Taller de Equipamientos.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 236.679,81 €. Importe total: 286.382,57 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias