Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de traballo de campo e depuración da operación da enquisa do turismo en destino de Galicia, tramitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 8 de outubro de 2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de traballo de campo e depuración da operación enquisa do turismo en destino de Galicia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 231.404,96 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 18 de xaneiro de 2016.

c) Adxudicataria: Ideara, S.L.

d) Importe de adxudicación: 222.000,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/enquisa) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia