Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo non suxeito á regulación harmonizada para a subministración e instalación de balanceadores de carga contra a infraestrutura de rede, servidores e servizos aloxados no novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15, mellora das infraestruturas e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23013

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.046.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: a subministración e posta en funcionamento do equipamento que permita a realización de balanceo de carga de servidores, así como a publicación de diferentes servizos como HTTP, HTTPS, etc.

c) CPV (referencia de nomenclatura): CPA: 26.30 CPV: 32500000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 99.173,55 €. Importe total: 120.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de outubro de 2015.

b) Data de formalización: 8 de outubro de 2015.

c) Adxudicataria: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 88.500,00 €. Importe total: 107.085,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias