Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4329

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (439/2014).

Ana Hernández Mora, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, por medio deste edicto fai saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, se lle notifica a Silvigalia, S.L. a sentenza ditada no presente procedemento do 26 de xaneiro de 2015 cuxo contido é o seguinte:

Sentenza.

Lalín, 26 de xaneiro de 2015.

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo ordinario 439/2014, por instancia da procuradora Sra. Fernández Ramos, en nome e representación da entidade mercantil De Lage Landen International BV Sucursal de España, baixo a dirección letrada do Sr. Vicario Trinidad, contra Silvigalia, S.L., en situación de

Decido que estimando integramente a demanda formulada, por instancia da procuradora Sra. Fernández Ramos, en nome e representación da entidade mercantil De Lage Landen International BV Sucursal de España, baixo a dirección letrada do Sr. Vicario Trinidad, contra Silvigalia, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo:

1º. Declarar e declaro a resolución do préstamo de financiamento a comprador de bens mobles nº 75640011356, impreso nº 2713649, subscrito o 14 de xuño de 2011, entre De Lage Landen International BV Sucursal de España e Silvigalia, S.L.

2º. Condenar e condeno a demandada Silvigalia, S.L. a estar e pasar pola anterior declaración.

Serán por conta da demandada condenada o pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles a resolución ás partes en legal forma e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que non será admitido a trámite se a parte interesada non acredita ter constituído o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ao se encontrar á dita demandada, Silvigalia, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 22 de outubro de 2015

A secretaria xudicial