Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Negreira (expediente IN407A 2015/611-1).

Expediente: IN407A 2015/611-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: cambio de sección NEG 812.

Concello: Negreira.

Características técnicas:

– Cambio de condutor liña de media tensión soterrada NEG812 (actuación nº 1), no tramo entre o CT 15CE07 Cachurra (expediente 51.211), por condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 40 metros e final na LMTS a CT 15CWH6 Cachurra, nº 11 (expediente 96/04).

– Cambio de condutor liña de media tensión soterrada NEG712 (actuación nº 2), no tramo entre o CT 15CE07 Cachurra (expediente 51.211), por condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 120 metros e final na LMTS a CT 15CFLV praza do Concello (expediente 37/05).

– Cambio de condutor liña de media tensión soterrada NEG812 (actuación nº 3), na LMTS a CT 15CFLV praza do Concello (expediente 37/05), por condutor tipo RHZ1-12L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 25 metros e final na LMTS a CT 15SJXG Corzan (expediente 456/09).

– Cambio de condutor liña de media tensión soterrada NEG812 (actuación nº 4), na LMTS a CT 15SJXG Corzan (expediente 456/09), por condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 30 metros e final no CT 15CE08 rúa do Tambre (expediente 51.334).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña