Número expediente: IN407A 2015/591-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: cambio de sección entrada a CT 15C728.
Concello: Bergondo.
Características técnicas:
Cambio de condutor RHZ1-150 da liña de media tensión soterrada BEG715, no tramo entre o CT 15C728 polígono de Bergondo, nº 6, e o apoio 43-A-1-2, por condutor tipo RHZ1-20L-12/20 kV 1×240 mm2 Al, nunha lonxitude de 30 metros.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 11 xaneiro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña