Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 8 de febreiro de 2016 Páx. 4363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2015/590-1).

Expediente: IN407A 2015/590-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CCTT SUNP11 Castiñeiriño.

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,100 km, coa orixe en entrada e saída na LMT SNT801 entre o CT 15CHFY Souto Paz CT1 (expediente 057/08) e o CT 15SJGH Virxe Branca CT1 (expediente 054/11), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo CT proxectado.

Liña de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,2400 km, coa orixe na entrada e saída na LMT SNT801 entre o CT 15SJGH Virxe Branca CT1 (expediente 054/11) e o CT 15SJGC Constantino Limia CT2 (expediente 054/11), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no novo CT nº 2 proxectado.

Centros de transformación prefabricados soterrados, CT1 e CT2, cunha potencia de 400 kVA cada un, e unha relación de transformación de 20.000/4.000 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 11 xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña