Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (188/2015).

ETX. Execución de títulos xudiciais 188/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 856/2014

Sobre despedimento

Demandantes: Ramón Balsa Domínguez, Miguel Iglesias Rodríguez, José Carlos Pardo Verde

Demandados: Estructuras Metálicas Gallegas, S.L e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 188/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Balsa Domínguez, Miguel Iglesias Rodríguez, José Carlos Pardo Verde contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

Antecedentes de feito.

Primeiro. Nas presentes actuacións ditouse auto de despacho de execución a favor de Miguel Iglesias Rodríguez, fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 49.851,25 euros (10.714,19 de atrasos de salario + 114,04 euros de diferenza de prestacións de IT + 590,36 euros de xuros do artigo 29.3 das anteriores cantidades + 33.339,11 euros de indemnización + 5.093,55 de salarios de tramitación) e de 4.985,12 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Nas presentes actuacións se ditou decreto acordando a acumulación da ETX 240/2015, en que se ditou auto de despacho Ramón Balsa Domínguez, fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., parte executada, por importe de 35.440,24 euros en concepto de principal, máis outros 3.544,02 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Así mesmo, tamén se acordou a acumulación da ETX 258/2015, na cal se ditou auto de despacho de execución a favor de José Carlos Pardo Verde, fronte a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 35.031,78 euros (23.460,78 euros de indemnización + 11.571 euros de diferenzas salariais) máis outros 3.503,17 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC, que ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a Secretaría xudicial responsable dela ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens, e as medidas de localización e pescuda dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que se lle deba facer ao debedor en casos que o estableza a lei; ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

Requirir a executada Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. co fin de que no prazo de dez (10) días aboe a cantidade de 120.323,27 euros en concepto de principal (49.851,25 euros de Miguel Iglesias + 35.440,24 euros de Ramón Balsa + 35.031,78 euros de José Carlos Pardo, máis outros 12.032,32 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros (4.985,12 euros de Miguel Iglesias + 3.544,02 euros de Ramón Balsa + 3.503,17 euros de José Carlos Pardo) que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0188 15), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de pescudalos a través da aplicación informática deste xulgado.

Requirir a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., co fin de que no prazo de dez (10) días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por qué persoas e con qué título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma o distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para inserir no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

A secretaria xudicial