Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4199

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (367/2015-CH).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no presente procedemento de divorcio número 367/2015-CH, seguido por instancia de Graciela Haydee Zorrilla fronte a Augusto Geovanny Apolo Castillo, ditouse a sentenza do teor literal seguinte:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

«Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Graciela Haydee Zorrilla e Augusto Geovanny Apolo Castillo con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra esta resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes LAC) ante este tribunal. Débese constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Augusto Geovanny Apolo Castillo, expídese a presente para que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 15 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza