Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0628/2015-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0628/2015-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0628/2015-PPM.

Persoa interesada: Adrián Rodríguez Sanmartín.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Labañou, 10, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0639/2015-PPM.

Persoa interesada: Ángel María Ares Abelenda.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 120, 5º dta., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0642/2015-PPM.

Persoa interesada: Pablo Cabeza Mato.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: estrada Visma-Mazaído, 45, San Pedro de Visma, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0650/2015-PPM.

Persoa interesada: José Miguel Jiménez Gómez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: estrada Os Fortes, 9, San Pedro de Visma, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0652/2015-PPM.

Persoa interesada: Jonathan Borja Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 30, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0657/2015-PPM.

Persoa interesada: Santos Cabeza Mato.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Colombia A, 13, 2º B, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0659/2015-PPM.

Persoa interesada: Ángel Borja Bermúdez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 24, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0660/2015-PPM.

Persoa interesada: Francisco Fuentes Fernández.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Labañou, 10, A Coruña.