Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0317/2015-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0317/2015-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0317/2015-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Vázquez Campos.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Camiño da Igrexa, 3, 3º B, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0424/2015-PRE.

Persoa interesada: José Enrique Veiga Peón.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avda. Emilia Pardo Bazán, 94, Melide.

Expediente: PSC-CO-0436/2015-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Díaz Pita.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Pazo do Río, 21, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0442/2015-PPM.

Persoa interesada: Antonio J. Dopico García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Merced, 19-1º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0444/2015-TRA.

Persoa interesada: Marcos Gómez Vázquez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Guísamo, San Paio, 38, Bergondo.

Expediente: PSC-RI-0520/2015-PPM.

Persoa interesada: María José González Outeiral.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Pouso, 11, baixo G, Escarabote, Boiro.