Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento declarativo de reintegro dunha axuda de investimentos a bordo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada, sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado; o prazo computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15780 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes ou, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, en ambos os dous casos contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Pesquera Formoso Olveira, S.L.

NIF: B70138706.

Número de expediente SXPA: PE107D 2009/365-1 PE107Z 2015/163-0.

Buque: Tamara y Yaiza (actualmente Playa de San Francisco); CO-6-5-99.

Acto de notificación: resolución do procedemento declarativo de reintegro do 26 de novembro de 2015, ditada pola conselleira do Mar, pola que se resolve o procedemento declarativo de reintegro total da subvención concedida no ano 2009.

Importe do reintegro: 45.710,36, máis os xuros de demora.

Último enderezo coñecido: rúa Xantoque, núm. 6, Esteiro, 15240 Muros (A Coruña).