Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se lle notifica ao titular dun predio afectado a resolución de información pública da solicitude de aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da utilidade pública, en concreto, da rede de distribución para a subministración de gas natural en Arzúa, promovida por Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/20-0).

Ante a imposibilidade de notificación ao titular do predio nº CO-AR-01, mediante a presente cédula practícaselle a preceptiva notificación da Resolución do 13 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someteu a información pública a solicitude de aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da utilidade pública, en concreto, da rede de distribución para a subministración de gas natural en Arzúa, promovida por Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/20-0).

Comunícaselle que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 20 de novembro de 2015, que no seu anexo se insire a relación de predios afectados entre os que figura o predio nº CO-AR-01 coas súas afeccións, que o proxecto da infraestrutura gasista se poderá examinar na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela) e que poderá presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao titular do citado predio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas