Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2015/95-2, 8288 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: novo CTC descanso e saídas de RBT.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe nun apoio existente da LMT Cangas e final no novo CTC descanso, cunha lonxitude de 30 metros en condutor RHZ1-150.

2. Centro de transformación prefabricado novo CTC descanso, cunha potencia proxectada de 250 kVAS e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Liña subterránea de baixa tensión do novo CTC descanso, con orixe no novo CTC descanso e final na RBT existente, cunha lonxitude de 150 metros en condutor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xaneiro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo