Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2006/0468-4.

Ao non ser atopado no domicilio coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e o reinicio da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a copia da sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, recaída no procedemento número 281/2015, polo accidente laboral do traballador José Manuel Reijas Bouza.

Os documentos que constan no expediente son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación (20.9.2006).

– Copia da sentenza xudicial.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2006/0468-4.

Acta: 601/2006.

Empresa: Estructuras y Construcciones Rial Soto, S.L.

NIF: B36443455.

Enderezo: Orotava, 6, Ponteareas.

Vigo, 26 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra