Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de caducidade da autorización do aproveitamento das augas mineromedicinais e termais do pozo Santa Sofía, no termo municipal de Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puideren efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Segundo o anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido da interesada que se sinala no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase a interesada de que o expediente está á súa disposición durante un prazo de 30 días para coñecer o contido íntegro do acto nas dependencias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Fernández Ladreda nº 43-5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

El Bosque Pontecaldelas, S.L.

Caducidade

Madrid