1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios. Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Teléfonos: 881 99 51 88/ 981 54 54 80/981 54 44 61/981 54 44 28.
5º. Telefax: 981 54 54 43.
6º. Correo electrónico: comedores.santiago@edu.xunta.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23976.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: xestión de servizos públicos.
b) Descrición: xestión de comedores escolares.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 4 lotes definidos no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
d) Lugares de execución: definidos no anexo V do PCAP.
e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o 30 de xuño de 2016.
f) Admisión de prórroga: poderanse prorrogar ata o 30 de xuño de 2017.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto multicriterio.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 10 do PCAP.
4. Orzamento base de licitación: importe neto: 604.427,36 €. IVE 45.936,47 €. Importe total: 650.363,83 €, segundo se desagrega no anexo V do PCAP.
5. Garantías exixidas:
Provisional: non.
Definitiva: 5 % do orzamento base da licitación, excluído o IVE.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas na cláusula 6 do PCAP.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do oitavo día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Se o último día deste prazo cadra en sábado, o Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia permanecerá aberto ata as 14.00 horas.
Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).
b) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
8. Apertura dos sobres B:
a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Data e hora: o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas, ás 10.00 horas. De coincidir este en sábado ou inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios, a razón de 10,82 € por cada liña publicada.
10. Outros. Condicións especiais de contratación: de conformidade co establecido no artigo 118 do TRLCSP, a cobertura de riscos de responsabilidade civil e intoxicación alimentaria e o cumprimento da normativa hixiénico-sanitaria vixente considéranse condicións especiais de contratación, coas implicacións establecidas na cláusula 12.2 do PCAP.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2016
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria