Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015112TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 4 de decembro de 2015, o instrutor da Consellería de Sanidade en Ourense formulou proposta de resolución do expediente sancionador 2015112TA-OU, a O Miradoiro, S.C., CIF J32416398, con domicilio en Quintela de Leirado, 7, 32814 Quintela de Leirado (Ourense).

Intentada a notificación desta proposta, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no nº 5 do referido artigo, notifícase a O Miradoiro, S.C., CIF J32416398, o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 12 de xaneiro de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2015112TA-OU.

Denunciada: O Miradoiro, S.C.

DNI/NIF/CIF: CIF J32416398.

Último enderezo coñecido: Quintela de Leirado, 7, 32814 Quintela de Leirado (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos cincuenta e un euros (651,00 €).