Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015484AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 17 de decembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2015484AL-PO, incoado a María Elia Martínez Galiano.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a María Elia Martínez Galiano o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015484AL-PO.

Denunciada: María Elia Martínez Galiano, con NIF 44085039L.

Último enderezo coñecido: rúa César Boente, 8, 1º D, 36002 Pontevedra.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 3 e 4.2 e capítulo I punto 1, capítulo V punto 1.a) e b) e capítulo IX puntos 1, 2 e 3 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigos 14, 17.1 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigos 2 e 5 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos.

Tipificación: impútanselle tres infraccións graves, segundo o artigo 51 punto 2, parágrafos 2, 12 e 18 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: quince mil tres euros (15.003,00 €).

Tamén se confirman as medidas cautelares acordadas na data do 10.12.2015, de suspensión temporal da actividade que se realiza no establecemento situado na rúa Estrigueiras, 22, Salcedo, do concello de Pontevedra (SC 35/15) e de intervención cautelar de todos os produtos que se atoparon neste establecemento (IC 30/15).