Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 5 de febreiro de 2016 Páx. 4146

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 30 de novembro de 2015 pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2016.

Mediante a Resolución do 30 de novembro de 2015 (DOG núm. 237, do 14 de decembro), reguláronse e convocáronse as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2016.

De conformidade co establecido no artigo 13 da dita resolución, o prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro día 8 de febreiro.

A coincidencia do prazo de presentación de solicitudes co período estival nos países de Hispanoamérica aconsella proceder á súa ampliación.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar ata o 22 de febreiro de 2016, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 13 da Resolución do 30 de novembro de 2015 pola que se regulan e convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2016.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración