Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración e instalación dun espectrómetro de masas de alta resolución e de masa exacta acoplado cun sistema de cromatografía líquida de alta presión, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun máximo do 80 %, no marco do programa 2001-2013 (expediente SU-Ingacal 01/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dun espectrómetro de masas de alta resolución e de masa exacta acoplado cun sistema de cromatografía de líquida de alta presión para o Ingacal.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22837

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 3 de xullo de 2015, BOE nº 171, do 18 de xullo de 2015 e DOG nº 134, do 17 de xullo de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 320.000 € (sen IVE), incluídas posibles modificacións.

Importe total: 387.200 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 23.11.2015.

b) Adxudicataria: AB SCIEX Spain, S.L.

c) Importe: 328.830,90 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 16.12.2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego de Calidade Alimentaria