Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de xaneiro de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición de establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a directora da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2016

P.S. (Resolución do 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección Turismo II da Coruña

ANEXO

Establecemento: Café Bar Dallas.

Titular: Roberto Cobelo Estraviz.

Enderezo: avenida Viveiro, 1.

Concello: Ferrol.

Establecemento: Café Bar D´Luxe.

Titular: Matufany, S.C.

Enderezo: María, 115.

Concello: Ferrol.

Establecemento: Café Bar O´Cantinela II.

Titular: María José Díaz Arribe.

Enderezo: María, 159.

Concello: Ferrol.

Establecemento: Café Bar A Caseira.

Titular: Ramona Fernández Suárez.

Enderezo: Teruel, 4.

Concello: Ribeira.

Establecemento: Café Bar La Regata.

Titular: Mª Teresa Rodríguez Álvarez.

Enderezo: República do Salvador, 8.

Concello: Santiago de Compostela.

Establecemento: Café Bar O Rodicio.

Titular: Servi Hostelería Santiaguesa, S.A.

Enderezo: A Barcia, 19.

Concello: Santiago de Compostela.