Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 30 de novembro de 2015 pola que se notifica a perda do dereito ao cobramento do proxecto de deseño de sistemas de detección de fugas (SDF) en tanques con produtos petrolíferos líquidos (PPL) e con gases licuados do petróleo (GLP), correspondente ao expediente IN841C 2012/139.

A Axencia Galega de Innovación, o 22 de setembro de 2015, enviou unha notificación á empresa Alfa Instant, S.A. co fin de comunicarlle a declaración de perda de dereito ao cobramento do proxecto Deseño de sistemas de detección de fugas en tanques con produtos petrolíferos líquidos ppl e con gases licuados do petróleo glp (SDF-PPL-GLP) correspondente ao expediente IN841C 2012/139, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos indicando o funcionario «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido do inicio de declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como trámite de audiencia que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Número de expediente: IN841C 2012/139.

Título: deseño de sistemas de detección de fugas (SDF) en tanques con produtos petrolíferos líquidos (PPL) e con gases licuados do petróleo (GLP).

Nome ou razón social: Alfa Instant, S.A.

CIF/NIF: A15899966.

Tipo de axuda: apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia convocada pola Orde do 11 de abril de 2012 (DOG número 73, do 17 de abril).

Contenido do acto: declaración de perda do dereito de cobramento IN841C 2012/139.