Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 30 de novembro de 2015 pola que se notifica a minoración da anualidade de 2013 e a perda do dereito ao cobramento da cuarta anualidade (ano 2013) do proxecto de cultivo en criadeiro, preengorda en batea e análise da diversidade xenética da coquina Donax trunculus en Galicia, correspondente ao expediente 10MMA103013PR.

A Axencia Galega de Innovación, o 24 de setembro de 2015, enviou unha notificación á empresa Ameixa de Carril, S.L. co fin de comunicarlle a minoración da anualidade de 2013 e a declaración de perda do dereito ao cobramento da cuarta anualidade do proxecto de cultivo en criadeiro, preengorda en batea e análise da diversidade xenética da coquina Donax trunculus en Galicia correspondente ao expediente 10MMA103013PR, de conformidade co disposto no artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos indicando o funcionario «ausente e devolto por non presentarse a retiralo». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o inicio de declaración de perda do dereito ao cobramento que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Número de expediente: 10MMA103013PR.

Título: Cultivo en criadeiro, preengorda en batea e análise da diversidade xenética da coquina Donax trunculus en Galicia.

Nombre o razón social: Ameixa de Carril, S.L.

CIF/NIF: B36282853.

Tipo de axuda: programas sectoriais de investigación aplicada, peme I+D e I+D Suma convocada pola Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG do 7 de xullo).

Contido do acto: minoración da anualidade de 2013 e declaración de perda do dereito de cobramento da cuarta anualidade.