Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2016 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente 107B 2009/106-0).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 19 de novembro de 2015, unha resolución pola que se lle impón unha terceira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística 107B 2009/106-0 á Asociación Hípica Chaparral, Club Hípico La Muralla e Carmen Abalde Estévez como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 31 de maio de 2010 que ordenaba a demolición de dúas edificacións destinadas a cortes e local social, realizadas con bloques de formigón pintados de cor branca e cuberta con chapas de fibrocemento, unha pista de adestramento con estrutura metálica de cuberta a base de chapas metálicas, unha pista de adestramento exterior delimitada cunha varanda de madeira, unha caseta de adestramento exterior delimitada con varanda de madeira, unha caseta prefabricada de madeira destinada á venda e exposición de produtos de equitación, dous alboios en proceso de execución, para a apertura e o funcionamento de establecemento de equitación, e o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un simple acto de execución.

No caso de non exerceren o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística