Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de decembro de 2015 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación (expediente PON/313/2014-RP1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 10 de novembro de 2015 unha resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/313/2014-RP1 a Alfonso Torres Alonso e Mónica del Olmo de la Vega como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 28 de maio de 2015, que ordenaba a demolición dunha vivenda prefabricada, promovida polos interesados, na parcela 699, do polígono 18, con referencia catastral 36051A018006990000FM, no lugar de Pontes, Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lles notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial do Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse contra a resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

Caso de non exerceren o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

José antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística