Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 3 de febreiro de 2016 Páx. 3926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 20 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de procedencia de reintegro das axudas reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras (Diario Oficial de Galicia, do 28 de marzo), relativa ao expediente TR348B 2011/411-2.

Intentada a notificación do acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se acorda a resolución da procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no punto 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido de dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, aos efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 20 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2011/411-2.

Nome: Pescados Cibu, S.L.

DNI/NIF: B15530010.

Último enderezo coñecido: rúa Longitudinal, 6, planta D, porta 8, 08040 Barcelona.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada durante o período de tres anos contado desde a data de realización da contratación.

Precepto infrinxido: base sétima, punto 1 do anexo B, da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 3 de novembro do 2015 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.