O 28 de decembro de 2015 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 7 de xaneiro), ditou resolución do recurso de reposición RRS-DXC-28/14 interposto por Ana María Faro Represas.
De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Ana María Faro Represas a resolución antes referida.
A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria