Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3868

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baleira

ANUNCIO de modificación das bases para a selección dunha praza de auxiliar de axuda no fogar e para a creación dunha bolsa de emprego.

A Xunta de Goberno local do Concello de Baleira, na sesión extraordinaria do 30 de decembro de 2015, acordou modificar as bases aprobadas na sesión ordinaria da Xunta de Goberno local do 17 de setembro de 2015, publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 28 de outubro de 2015, para a selección dun/ha auxiliar de axuda no fogar e creación dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de auxiliares de axuda no fogar no concello de Baleira.

A modificación das bases publicouse no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 16 de xaneiro de 2016, no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web www.concellobaleira.es.

De conformidade coa mencionada modificación, o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día é sábado, domingo ou festivo, o prazo rematará o día hábil seguinte.

Baleira, 20 de xaneiro de 2016

Ángel Enrique Martínez-Puga López
Alcalde