Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de convocatoria de prazas para a Policía local de Cambados.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 246, do 22 de decembro de 2015, publicáronse íntegramente as bases que van rexer a convocatoria para prover catro prazas de garda da Policía local de Cambados, grupo C1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, sistema de selección: concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambados, 11 de xaneiro de 2016

Fátima Abal Roma
Alcaldesa