Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de non ocupación e falta de pagamento C-2001/705, conta 29.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouse pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Desafiuzamento: 15/15.

Interesada: Mª Teresa Bustelo Romero.

Acto notificado: acordo de iniciación do procedemento de desafiuzamento por non ocupación e falta de pagamento.