Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 2 de febreiro de 2016 Páx. 3772

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 22 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establece unha veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, Boído, Cabío e outras zonas), se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2016 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas por esta medida de conservación (cofinanciadas ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca).

O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establece unha veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, Boído, Cabío e outras zonas), se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2016 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas por esta medida de conservación (cofinanciadas ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca). Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre proceder agora á súa publicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Mar, e o artigo 34 da Lei 1/1983, do 12 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Primeiro. Facer públicos os anexos da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establece unha veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, Boído, Cabío e outras zonas), se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2016 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas por esta medida de conservación (cofinanciadas ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca).

Segundo. Procede facer as seguintes correccións de erros no artigo 15.3:

– Na páxina 52529, no artigo 15.3, letra a), 5º:

Onde di: «5º. Máis de 120 días: 4 puntos».

Debe dicir: «5º. Máis de 150 días: 4 puntos».

– Na páxina 52529, no artigo 15.3, letra b), 1º:

Onde di: «1º. Que o valor das capturas procedentes dos bancos marisqueiros definidos no artigo 1, sexa igual ou superior ao 20 % do valor total das capturas realizadas pola embarcación, tomando como base os totais agregados no período 2010-2015: 1 punto».

Debe dicir: «1º. Que o valor das capturas procedentes dos bancos marisqueiros definidos no artigo 1, sexa igual ou inferior ao 20 % do valor total das capturas realizadas pola embarcación, tomando como base os totais agregados no período 2010-2015: 1 punto».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file